Canal Rías Baixas

As tres grandes cooperativas do Salnés respaldan a programación cultural do Albariño

As tres grandes cooperativas do Salnés respaldan a programación cultural do Albariño

CAMBADOS> A Festa do Albariño é un dos momentos máis agardados polos veciños, pero tamén polo sector. Un ano máis, o concello non estará só na organización do programa. Esta mañá, o concelleiro de Cultura asinou un convenio de colaboración coas tres principais cooperativas do Salnés para apoiar diferentes actividades.

Martín Códax, Condes de Albarei e Paco y Lola respaldarán aquelas actividades que se realicen fóra do Paseo da Calzada. Son iniciativas de toda índole e para todos os públicos, que buscan levar a Festa do Albariño a outros puntos de Cambados.

Con esta sinatura, Condes de Albarei e Paco y Lola reeditan o apoio que xa brindaran o ano pasado a estas actividades, e destacaron a importancia de estender a celebración máis aló da noite.

Pola súa banda, Martín Códax súmase este ano a este convenio. E é que, segundo explican dende a propia cooperativa, encaixa na súa filosofía de aposta cultural.

Víctor Caamaño insistiu na importante acollida que teñen estas actividades paralelas ao Paseo da Calzada entre os veciños, ademais do seu papel para poñer en valor lugares emblemáticos de Cambados.

Exit mobile version