Canal Rías Baixas

A Orde do Lagariño nomea seus novos confrares

A Orde do Lagariño nomea seus novos confrares

VILAGARCÍA> Se a Orde da Ameixa nomeou esta fin de semana aos seus novos Cabaleiros, a Confraría dos Viños de Rías Baixas fixo o propio. A Serenísima Orde do Lagariño celebrou o sábado o seu acto anual, no que diferentes persoeiros relacionados dalgún xeito co mundo do viño pasan a comprometerse coa defensa e promoción dos caldos de Rías Baixas.

Velar e difundir a riqueza dos Viños de Rías Baixas. Este é o xuramento que deben cumprir os membros da Serenísima Orde do Lagariño, que este sábado incorporou novos membros. Como cada ano, a cita celebrouse en Vilagarcía, e nomeou a tres novas confrares de número.

O acto celebrouse no Salón García, e sobre o escenario a Confraría dos Viños de Rías Baixas irmanouse tamén coa Real Cofradía do Viño Alvariño de Portugal.

Ademais, o seu presidente foi nomeado confrare de honra.

Un ano máis, o concello de Vilagarcía apoiou o acto. Todas as confrarías gastronómicas foron recibidas antes do acto no consistorio. Xa tralo nomeamento dos novos confrares, a edil Sonia Outón celebraba o tinte feminino desta edición.

Exit mobile version