O sector alimentario e o turístico a exame no coworking do Salnés

GALICIA> Cada vez son máis os homes e mulleres que se deciden a emprender o seu negocio. Todo xurde de unha idea que se perfila pouco a pouco ata que se volve unha realidade. Un proceso no que é fundamental estar ben asesorado e iso é o que se intenta en espazos coma este que lles estamos amosar no Salnés.

Este tipo de espazos están dirixidos a aquelas persoas que teñen unha idea ou a proxectos que comezan a dar os seus “primeiros pasos” e alí dáselles todos os recursos necesarios para validar o seu modelo de negocio.
Uns 22 proxectos emprendedores danse cita algunhas tardes por semana para asesorarse en materias tan dispares como asesoría fiscal ou márketing dixital.
Rosario Parada é unha arquitecta que ten o seu negocio en Vilanova de Arousa. Formou parte da pasada edición do espazo de coworking do Salnés, alí perfilou a súa nova aventura empresarial.

Nesta iniciativa do coworking do Salnés, que promove a Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), desenrolanse plans referidos aos eidos alimentario e turístico, ambos sectores moi importantes na contorna. Patricia ao igual que Rosario, foi unha das participantes da pasada edición do coworking, que finalizou o pasado abril coa presentación do seu proxecto ante o resto da comunidade que conforma o programa.

Dende o propio coworking sinalan a importancia de que os participantes se aproveiten de todos os recursos tanto públicos como privados para conseguir o obxectivo de sacar adiante o seu proxecto e consolidalo. ¿pero e despois do coworking?

Tamén se promoven nesta iniciativa, que promove a Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), plans referidos aos eidos da artesanía, os servizos e o téxtil.
A cooperación entre a Xunta e a Escola de Organización Industrial (EOI) terá permitido, ao remate desta edición dos Espazos Coworking, consolidar en toda Galicia 440 proxectos promovidos por mais de 500 emprendedores. Este tipo de iniciativas contribúen a dinamizar a economía e emprego dos concellos, sobre todo dos máis pequenos, así como aproveitar os recursos de cada zona para crear novas oportunidades e deste xeito fixar poboación.