Así aprenden os emprendedores do Salnés a estar presentes nas redes sociais

RIBADUMIA> Estar presente en redes sociais e saber interactuar coa clientela é, nestes tempos,  unha parte fundamental para calquera negocio. En Ribadumia clausuraron esta mañá un curso da Mancomunidade do Salnés centrado en sacarlle todo o proveito ás novas tecnoloxías.

Dentro deste grupo, cada un ten o seu proxecto. Iso si, todos teñen algo en común: queren aproveita-las vantaxes das novas tecnoloxías para chegar coa súa idea o máis lonxe posible. Unha delas é Karina, que a través do seu blog e redes sociais, amósanos o seu proxecto de papelería, scrapbooking.

Este é só un dos proxectos postos en valor neste obradoiro impulsado pola Mancomunidade do Salnés.

No curso participou preto dunha vintena de persoas. Celebrouse na Casa da Cultura de Ribadumia.

Porque este é só un paso máis no longo camiño para impulsar un novo proxecto empresarial. Unha aprendizaxe cada vez máis necesaria que, a través das novas tecnoloxías pode abri-las portas do mundo enteiro a estes emprendedores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí