O GROVE> Unha aplicación nacida no Grove revoluciona o reparto de comida a domicilio. A plataforma dá máis marxe de beneficio aos establecementos e garante a seguridade laboral dos repartidores. Está dispoñible na maior parte dos concellos do Salnés e na cidade de Pontevedra.
As plataforma de reparto a domicilio conta dende o verán cunha nova competencia galega, a aplicación Caylu. A plataforma foi creada durante o confinamento por un matrimonio do Grove dedicado ao sector hostaleiro, o seu obxectivo era aumentar o reparto a domicilio dos pequenos negocios.
A plataforma nace nun sector con moita competencia, pero dende Caylu quixeron crear un sistema onde todas as partes implicadas saísen beneficiadas, evitando as altas comisións.
O seu funcionamento é moi sinxelo, os clientes entran na plataforma, escollen a localidade onde queren facer a súa compra e seleccionan o pedido e o horario de entrega. E a última parte beneficiada son os repartidores contratados pola empresa.
Na actualidade a aplicación está dispoñible nos concellos do Grove, Sanxenxo, Vilagarcía, Cambados e Pontevedra. A empresa conta con 30 traballadores que realizan o reparto de 70 locais. Entre eles dos cociñeiros Pepe Solla e Pepe Vieira.
A compañía continúa co seu proceso de expansión para das servizo a máis municipios. A próxima sede estará en Vilanova, atendendo aos veciños deste municipio e ós da Illa.