SALNES> A Mancomunidade do Salnés ultima a posta a punto de Salnés Click. Os técnicos e alumnos do obradoiro de Marketing e turismo encárganse da formación dos comerciantes para xestionar a promoción dos seus produtos. A mancomunidade recibiu unha subvención de 60 mil euros da cámara de comercio para potenciar e impulsar a plataforma. Está previsto que a súa estrea teña lugar en semana santa.
A Mancomunidade do Salnés continua dando pasos firmes para poñer en funcionamento Salnés Click, un espazo dixital onde mostrar toda a oferta turística e comercial da comarca. A plataforma está preto de ser lanzada e dende o organismo comarcal levarán a cabo unha campaña de promoción para chegar a todos os comercios da zona. A iniciativa contará cunha subvención de 60 mil euros aprobada pola cámara de comercio.
Esta campaña completarase con publicidade en plataformas dixitais, redes socias e diferentes espazos públicos. Ademais volverase facer un reparto de manteis e bolsas entre os comercios da comarca. O obxectivo é dar a coñecer a web entre todos os clientes da contorna.
A parte comercial de Salnés Click será xestionada polos propios comerciantes. Por iso, os técnicos e os alumnos da mancomunidade estanse encargando da súa formación.
A previsión é que a plataforma esta aberto ao público a semana anterior á semana santa. Deste xeito os clientes poderán realizar as súas compras de forma online nos comercios do Salnés durante as vacacións.