A Mancomunidade do Salnés ármase para loitar contra a avespa asiática

SALNÉS> A mancomunidade mellora os seus equipamentos para loitar contra a avespa asiática. O organismo comarcal conta na actualidade con dous camións e dous fusís para neutralizar os niños. Cada ano retíranse máis de 800 niños en toda a comarca.

O servizo loita contra avespa asiática da mancomunidade do Salnés é o principal inimigo desta especie invasora. Dende que o organismo comarcal comezou a facerlle fronte, retíranse cada ano máis de 800 niños. Segundo explican o que máis caracteriza a este equipo de loita é a súa eficacia.

O 5% restante corresponde aos niños que se atopan en grandes alturas. Para poder eliminalos a mancomunidade conta cun equipo altamente cualificado e cun equipamento que inclúe dous camións, unha pértega e dous fusís. O último, adquiriuse recentemente e destaca polo seu alcance.

Os fusiles utilizan balas con veleno conxelado ou en xel para eliminar os niños. Pero a loita contra a avespa asiática non sería tan eficaz se non fose polo sistema de trampeo. No tempo que leva funciona o servizo colocáronse máis de 8500 trampas.

As trampas colócanse naquelas zonas onde se atopan máis niños de avespas asiáticas. Estas zonas coñécense grazas a xeolocalización. Os lugares favoritos por esta especie invasora son os leitos dos ríos.

Dende a mancomunidade destacan a intelixencia desta especie invasora, que vai modificando a localización dos seus niños para evitar ser neutralizados. Das copas das árbores pasaron agora a enterralos baixo terra. Isto supón un perigo para os veciños da zona. Por iso, alertan que en canto se detecte un niño se avise coa máxima urxencia ao concello correspondente ou ao servizo de loita da mancomunidade a través do número 635631107.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí