Floreano e Monchiña, guías de excepción pola orixe de tódolos camiños

VILAGARCÍA> A Mancomunidade do Salnés lanza un novo produto turístimo para incentiva-la chegada de peregrinos á comarca. ‘A orixe de tódolos camiños’ é o nome desta nova iniaciativa que bota man dos recursos da zona para chama-la atención do visitante, en especial, o mar. Hoxe presentouse o seu vídeo promocional, protagonizado por Floreano e Monchiña.

Floreano e Monchiña, as icónicas personaxes de Gogue, son os guías de excepción que nos levan a descubri-la orixe de tódolos camiños. O vídeo  serve de carta de presentación dun novo produto turístico que nace coa vocación de converterse nunha prolongación das rutas xacobeas ata o mar de Arousa.

‘A orixe de tódolos camiños’ quere atrae-los peregrinos botando man dos recursos da comarca do Salnés. Un natural, o mar, e outro clave: a estación de tren de Vilagarcía.

Porque o tren, explican, é fundamental para que os peregrinos que chegan a Compostela culminen a súa ruta no Salnés. Dous puntos, unidos pola tradición xacobea, e  seperados por tan só 19 minutos de viaxe. Ademais do tren, o ‘A orixe de tódolos camiños’ propón outras dúas etapas, en barco e a pé.

A Mancomunidade do Salnés leva máis dun ano traballando no desenvolvemento deste produto, en colaboración co sector privado.

Co nacemento deste proxecto Floreano e Monchiña dan o salto do papel á animación 3D. Por primeira vez na súa historia, as personaxes de Gogue cobran vida para guiarnos ata a orixe de tódolos camiños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí