O Salnés presume de gastronomía cun libro de receitas tradicionais descargable

CAMBADOS> A Mancomunidade do Salnés lanza un novo libro de receitas tradicional. O manual componse de 37 elaboración típicas do Salnés entre as que se encontran os callos de Meis ou a raia de Portonovo. A súa descarga é gratuíta a través da páxina web do organismo comarcal.

Ao longo do ano, son moitas as festas que se realizan na comarca do Salnés con pratos típicos de cada zona. Os eventos gastronómicos atraen a visitantes de toda a comunidade pero tamén do resto do país. Para poñer en valor os produtos típicos da comarca, a mancomunidade lanza o libro Recetas Típicas do Salnés.

O libro foi elaborado grazas ao traballo dos mestres e alumnos do obradoiro de hostalería da mancomunidade do Salnés. O manual está composto por 37 receitas.

O obxectivo deste libro é dar visibilidade á comida tradicional da comarca pero tamén atraer ao turismo gastronómico.

Na elaboración deste libro tamén participaron os alumnos do obradoiro de marketing e a área de turismo da mancomunidade do Salnés. As fotografías correron a cargo do fotógrafo Rafa Otero. O manual xa está a disposición dos interesados na páxina web da mancomunidade do Salnés pero a súa oferta gastronómica non se detén, o obradoiro de hostalería continuará elaborando e compartindo novas receitas.