VILAGARCIA> A mancomunidade do Salnés presenta a marca A Orixe de Todos os camiños. Baixo este distintivo englobarase todas as ofertas turísticas do camiño de Santiago dentro da comarca do Salnés. A marca busca atraer aos peregrinos que queiran coñecer a orixe do Camiño de Santiago.
A mancomunidade do Salnés continúa potenciando a súa oferta turística xacobea de cara ao Xacobeo 2022. Hai uns días, o organismo comarcal e o concello de Vilagarcía presentaban o convenio de colaboración turística co concello de Santiago. E hoxe deron a coñecer A Orixe de Todos os Camiños. A marca que englobará toda a oferta turística da comarca relacionada co Camiño.
Baixo a Orixe de Todos os Camiños englóbase a ruta do Pai Sarmiento, A Variante Espiritual pero tamén a nova ruta xacobea da Mancomunidade do Salnés, Navega o Camiño.
A Orixe de Todos os Camiños presenta un logo deseñado pola axencia Naranja y Limón no que se mestura a esencia do camiño, a súa esencia e á mancomunidade do Salnés. O obxectivo é atraer a todos os peregrinos que queiran coñecer a orixe do Camiño de Santiago.
Pero a marca non está pensada só para os peregrinos, se non tamén como unha oferta turística máis para todos os galegos.
A Mancomunidade do Salnés presentará a Orixe de Todos os Camiños a nivel internacional a vindeira semana en Fitur. Ademais a marca estará representada en todos os concellos da comarca coas esculturas realizadas polos alumnos de soldadura do obradoiro de emprego da mancomunidade do Salnés.