‘A orixe de todos os camiños’, a marca turística da Mancomunidade do Salnés, conquista Fitur

MADRID> A Mancomunidade do Salnés preséntase en Fitur con tres novidades. A principal é ‘A orixe de todos os camiños’, a marca que englobará toda a oferta turística da comarca. Tamén presentou dous vídeos promocionais, un da variante espiritual e outro do camiño á orixe, con Floreano e Monchiña como protagonistas.

A Mancomunidade do Salnés presentouse en Fitur con tres novidades. A principal é a “A orixe de todos os camiños” a nova marca do organismo comarcal que englobará toda a súa oferta turística. Pero esa non foi a única sorpresa do ente comarcal.

Con estas presentación, a mancomunidade quixo amosar toda a oferta turística da que dispoñen os nove concellos que forman a comarca. Unha oferta que mestura paisaxes, historia e gastronomía.

Todos os produtos presentados pola mancomunidade están vinculados ao camiño de Santiago. Para o organismo comarcal fitur é a oportunidade para reactivar o seu turismo.

Dende a Mancomunidade agardan que o sector do turismo recupere a normalidade canto antes e continuar sendo a comarca máis visitada de Galicia.