CALDAS> A fundación Arume e a cooperativa Clun restauran máis de 70 hectáreas de monte no concello de Caldas. Os traballos permitirán recuperar a vexetación perdida tralos incendios do ano 2017.
No ano 2017, os montes de Saiar e Paradela sufriron un incendio que calcinou máis de 300 hectáreas. Para recuperar as árbores deste espazo, a fundación Arume e a Cooperativa Clun colaboran nun proxecto de restauración do monte.
Esta restauración lévase a cabo garantido que o monte recupere o seu antigo estado e reducindo a posibilidade dun novo incendio tan devastador.
Para as comunidades de montes, este proxecto é vital. Do contrario apenas terían posibilidades de recuperar toda a súa vexetación.
A cooperativa Clun participa neste proxecto debido ao seu compromiso de compensar a pegada de carbono.
O seguimento ás plantacións serán constantes. O proxecto inclúe traballos como a realización das rozas, das podas e coidado constante para garantir unha boa produción de madeira.