RIBADUMIA> A mancomunidade do Salnés forma a 9 alumnos do plan integrado de emprego en impresión 3D. Esta é a sexta edición dun curso que permite aos participantes obter coñecementos en novas tecnoloxías. O obradoiro de emprego está preto de rematar, acadando de novo cifras récord de contratacións.
Dende pokemos ata bonecos de si mesmos. Estas son algunhas das creacións dos 9 participantes do obradoiro de emprego da mancomunidade do Salnés que se formaron no curso de impresión 3D. Nas última datas, os alumnos recibiron os coñecementos necesarios para manexar estas novidosa máquinas.
Os participantes aprenderon como elaborar os deseños dixitais para despois poder imprimilos en 3D.
O coñecemento nesta nova tecnoloxía permitirá aos participantes ampliar as súas posibilidades de inserción laboral.
Precisamente, a inserción laboral é o obxectivo do obradoiro de emprego. Dende a mancomunidade buscan formar aos alumnos en novas tecnoloxías que demandan as empresas.
O curso de impresión 3D é un dos últimos da nove edición do obradoiro de emprego. Na actualidade a mancomunidade xa conseguiu para os seu participantes 91 contratos, igualando o seu récord e cuns días de marxe para superalo.