Arosa Casa gaña o premio ao mellor escaparate de Nadal de Vilagarcía cun decorado protagonizado polo Apalpador

VILAGARCIA> A tenda Arosa Casa gaña o premio ao mellor escaparate de nadal de Vilagarcía. A tenda baseou os seus adornos na figura do Apalpador. Ademais outros catro establecementos recibiron tamén un premio.

Vilagarcía celebrou a cuarta edición dos escaparates de Nadal. Nesta ocasión participaron 37 establecementos adornando os seus escaparates. O obxectivo desta iniciativa é fomentar o espírito do nadal e a súa vez apoiar ao comercio local.

Nesta edición, o gañador foi Arosa Casa. O establecemento de decoración de fogar preparou o seu escaparate cun tren de nadal, que inclúe caldeiras, e diferentes elementos poñendo en valor a figura do Apalpador.

O escaparte de Arosa Casa mestura a decoración de nadal cos produtos típicos da tenda como figuras de ET ou de Star Warsa. O premio que recibirá o establecemento é de 595.

Ademais de Arousa Casa tamén recibiron 395 euros os dous segundos clasificados, Imaxe Moda e a panadería Lourido, e 200 euros os dous terceiros, a Lencería Carmen e o bar El Duque. A maiores recibiron mencións especiais a peluquería Tijeras de Diseño, Estocolmo Café Bar, Espacio Terrae, Café Bar París, o Gato Negro de Carril, a peluquería Carolina Tourís e Rubén Neira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí