BOIRO> A asociación Barbantia celebrou este sábado a súa gana anual para entregar os premios á cultura. Ana Blanco, Xesús Alonso Montero e a Fundación do Museo de Artes do Gravado foron os galardoados.

O pazo de Goiáns acolleu este sábado a gala anual da asociación Barbantia na que fixo entrega dos seus Sereos. Ante un concorrido auditorio, a noiesa Ana Blanco recolleu o premio á traxectoria cultural no Barbanza.

A Fundación do Museo de Artes do Gravado foi merecedora do galardón á iniciativa cultural no Barbanza. Recolleu o galardón o seu presidente, Manuel Ruíz, quen agradeceu o labor de Javier Expósito, impulsor da fundación.

O último en subir ó estrado foi o académico Xesús Alonso Montero, premio á Cultura Galega, que destacou no su discurso o gran labor de Barbantia ó longo de dúas décadas a prol da cultura.

A xornada rematou cun xantar de confraternidade á que asistiron os socios da entidade xunto cos premiados.