CAMBADOS> 14 participantes do plan integrado de emprego da mancomunidade do Salnés fórmanse no manexo de drones. Esta é a sexta edición dun curso que este ano tivo a novidade de ensinar o manexo de enxame de drones. Os participantes realizaron un exame e todos aprobaron obtendo o título de manexo de drones.
Un dos cursos do que a mancomunidade do Salnés ten máis expectativas para que os seus participantes atopen traballo é o de manexo de drones. Un taller de 80 horas que permite aos usuarios formarse no uso dunha tecnoloxía moi novidosa e demandada. Este xoves, a mancomunidade pechou o seu sexto curso deste tipo.
A novidade deste ano no curso foi o ensino do modo enxame, o que permite utilizar varios drones á vez.
O curso é moi demandado polas empresas, co que a maioría dos alumnos acaban obtendo unha oportunidade profesional.
Para o alumnado é unha gran oportunidade para formarse nun campo moi novidoso.
O plan integrado de emprego acaba de comezar a súa undécima edición. Por diante ten máis de 30 cursos e talleres para formar aos seus alumnos e aumentar as súas posibilidades de atopar un emprego. Unha das claves para conseguilo é o continuo contacto coas empresas para impartir talleres en oficios que as compañías demanden.