BOIRO> CCOO convoca unha manifestación en apoio a dous traballadores da conserva despedidos. Consideran que son vítimas de represalias por ter defendido unha mellora das condicións laborais durante a negociación do convenio colectivo. A mobilización será este sábado a mediodía na praza do concello de Boiro.
Un dos traballadores despedidos é Enrique Reino, máis coñecido como Colo, que participou activamente na negociación do convenio colectivo da conserva. Entende que a defensa dos dereitos dos traballadores, esixindo o pago dos atrasos, foi o detonante do seu despido tras 23 anos traballando na empresa.
Á espera do xuízo que se celebrará o próximo día 8, chama ós traballadores a secundar a convocatoria de apoio prevista para mañá ás doce na praza do concello de Boiro.
Colo confía na xustiza e agarda ser readmitido no seu posto de traballo dende o que continuará a loitar polos dereitos de tódolos traballadores non só da súa empresa senón toda a conserva para acabar coa precariedade e inestabilidade laboral nun dos sectores dos que depende en gran medida a economía do Barbanza.