POIO> Os veciños de Poio pagarán un 5% menos no imposto de circulación e na taxa dos vaos. É a primeira baixada de impostos do novo goberno local, anunciada hoxe polo alcalde popular Ángel Moldes. Moldes tamén adiantou que o resto de tributos quedarán conxelados.

O imposto de circulación e a taxa dos vaos será un 5% máis barata para os veciños do concello de Poio. Hoxe o seu alcalde anunciou a primeira baixada de tributos.

Tamén que se manterán conxelados o resto de impostos e taxas. Aínda que Moldes adiantou que a intención do seu equipo de goberno é continuar reducindo os tributos municipais.

O alcalde asegurou que a herdanza económica recibida limita a súa capacidade de tomar decisións neste eido. Así as cousas, asegurou que a redución do IBI continúa entre os seus obxectivos.

Moldes apuntou que Poio é o concello coa débeda máis elevada da provincia de Pontevedra e que está entre os catro máis endebedados de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí