Deputación, Xunta e sindicatos pechan un acordo de melloras que remata co conflito dos...

Punto e final ao conflito dos bombeiros comarcais de Pontevedra. Deputación, Xunta e sindicatos foron quen de achegar posturas e pactar unha solución que remata con anos de conflito aberto. O acordo contempla a ampliación do cadro de persoal con 17 efectivos, melloras salariais e avances laborais.

A AECC divulga a importancia dos cribados no Día Mundial Contra o Cancro de...

Hoxe é o Día Mundial contra o Cancro de Colon, unha efeméride que dende a Asociación Española Contra o Cancro quixeron aproveitar para concienciar da importancia dos cribados. Unha proba moi sinxela, din, que se pode realizar na casa pero que pode mudar por completo o xeito de enfrontarse á enfermidade cun diagnóstico precoz.

O PP reclama no Congreso e no Senado coñecer proxecto de rehabilitación da antiga...

O Partido Popular de Pontevedra mira cara o antigo edificio de Facenda. A formación reclama a rehabilitación urxente do inmoble, que leva baleiro dende hai case 15 anos. Tras coñecer din, a través da prensa, o proxecto de rehabilitación que manexa o Ministerio de Cultura, demandan ao Goberno a información oficial para afondar sobre os plans para este senlleiro edificio. Recordemos que a intención é que acolla o futuro Arquivo Provincial.

Os traballos de restauración de Santa Clara descobren catro pinturas murais únicas en Galicia

Santa Clara continúa desvelando os seus segredos aos equipos que traballan na súa conservación. Os últimos achados son unhas pinturas murais do século XVI que os expertos consideran únicas en Galicia. Atopáronse no antigo refectorio do convento, o espazo que as monxas empregaban como comedor. Sería o único caso de pinturas murais localizadas neste tipo de espazos. A Deputación de Pontevedra xa adiantou que o obxectivo é conservalas para que sexan visitables.

Mango avalía ampliar a súa tenda de Benito Corbal unindo outros cinco locais adxacentes

Mango proxecta a súa expansión na milla de ouro pontevedresa. A compañía téxtil presentou unha solicitude de consulta urbanística no concello para unir a tenda actual que xa ten en Benito Corbal con outros cinco locais. Son os que están situados no baixo do edificio que fai esquina coa rúa Daniel de La Sota. Dende o goberno local confirmaron que o proxecto sería viable dende o punto de vista urbanístico.

Os Bombeiros de Pontevedra incorporan un robot teledirixido para aumentar a seguridade na extinción...

Os Bombeiros de Pontevedra incorporan unha nova ferramenta para o control e extinción de incendios. Trátase dun robot teledirixido que, conectado ao depósito do camión, expulsa auga en diferentes formatos de chorro permitindo chegar a puntos máis complicados dos lumes sen poñer en perigo aos bombeiros. Actualmente só contan con el en España o parque de Bilbao e a empresa Michelín. O concello investiu nel 18.000 euros.

A pandemia deixa pegada nos temas das investigacións do Pontenciencia 2021

PONTEVEDRA> A pandemia deixou a súa pegada no Pontenciencia 2021. Na edición deste ano, a análise da presenza de microorganismos no aire centra gran parte dos proxectos de investigación que participan na convocatoria de...

O PSOE insta ao concello a ‘colaborar urxentemente’ con Augas de Galicia para executar...

O Partido Socialista, satisfeito co anuncio da colaboración entre o concello de Pontevedra e Augas de Galicia para paliar as inundacións na rúa Padre Fernando Olmedo. Unha oportunidade que o PSOE non quere que se perda, polo que levará ao vindeiro pleno unha moción para darlle pulo. E destacan que a solución que se está a valorar aseméllase á proposta polos socialistas no 2022.

Rías Baixas recibiu 1,8 millóns de turistas en 2024, un ‘ano inmellorable’ para a...

O 2024 foi 'inmellorable' para o turismo en Rías Baixas. O ano pasado visitaron a provincia de Pontevedra 1,8 millóns de persoas. É un 5% máis respecto ao 2023. Segundo o presidente provincial, Luis López, trátase do mellor ano turístico da historia.

Pontevedra buscará coordinación coa Xunta no centro de alto rendemento de Cernadiñas Novas para...

O concello de Pontevedra ve con bos ollos o proxecto da Xunta para converter o actual complexo de Cernadiñas Novas, en Santo André de Xeve, no primeiro centro de alto rendemento deportivo de Galicia. Onte o consello do goberno galego declaraba o interese autonómico do proxecto, ao que destinará ao redor de 30 millóns de euros. Esta mañá o alcalde pontevedrés anunciaba a súa intención de solicitar un encontro coa Xunta para evitar duplicidades entre esta instalación e outras que ten proxectadas o goberno municipal, como o pavillón da Parda.

REDES SOCIAIS

26,027FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete