A Pobra volverá reivindicar a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento
A POBRA> Como cada ano, A Pobra volverá conmemorar o Día de Rosalía cun amplo programa de actividades en torno á figura da escritora. Ademais...
A Pobra celebrará as Xornadas Muller e Ciencia con actividades para todos os públicos
A Pobra celebrará a vindeira semana, do 9 ó 13, unha nova edición das Xornadas Muller e Ciencia. Na programación deseñada destaca a charla da matemática da USC e divulgadora científica, Elena Vázquez Abal, que terá lugar o día 11 de febreiro, e que será retransmitida en liña, a partir das catro e media da tarde, a través da web municipal.
Iván Fidalgo e a súa familia disfrutarán da viaxe a Eurodisney de Congalsa
A concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, procedeu esta mañá á entrega da Viaxe a Eurodisney a Iván Fidalgo Boo, gañador do premio estrela da campaña comercial levada a cabo durante o pasado Nadal. A viaxe conta co patrocinio da firma Congalsa.
A Consellería do Mar destaca o labor social do Apostolado do Mar en beneficio...
A Conselleira do Mar facía estas declaracións no transcurso dun acto na Pobra no que mantivo unha xuntanza co presidente do Apostolado do Mar, o monseñor Luís Quinteiro. Tivo lugar a bordo do buque de Gardacostas Irmáns García Nodal, atracado no porto comercial da Pobra.
A Xunta analiza coas confrarías a situación dos bancos marisqueiros tralo exceso de chuvias
A baixada de salinidade tralas intensas chuvias dos últimos días foi un dos temas abordados esta mañá na reunión entre a Conselleira do Mar e os representantes das confrarías. A administración avaliará a afectación dos distintos bancos nos que xa se están a realizar mostraxes para determinar o estado en que se atopan tralas fortes precipitacións.
A Pobra repartirá este entroido mais de 6000 euros en premios
O concello da Pobra repartirá este entroido máis de seis mil euros en premios. O sábado haberá un concurso de disfraces infantil mentres que o martes terá lugar o gran desfile no que se premiará os mellores disfraces individuais e por parellas, de grupos e carrozas.
A Xunta investiu máis de 430 mil euros en melloras nos polígonos do Barbanza
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobou esta mañá os traballos de renovación do firme levados a cabo en varias vías do parque empresarial da Tomada con fondos a unha subvención da consellería de Economía e Industria. A actuación, cun orzamento duns 110 mil euros, permitiu mellorar o estado da vía e as condicións de seguridade.
Dous alumnos do CPR Divino Maestro da Pobra farán prácticas laborais en Madeira no...
Dous estudantes do Centro de Formación Profesional Divino Maestro da Pobra participarán no programa ErasmusPro. Realizarán prácticas en empresas da rexión insular de Madeira durante catro meses.
O concello da Pobra estudará con Costas posibles solucións ós danos no paseo dos...
O concello da Pobra busca unha solución integral ós problemas que presenta o paseo dos Areos, con risco de derrube en varios treitos. Nunha próxima reunión coa Demarcación de Costas, o alcalde da Pobra proporá retomar o proxecto que contemplaba a demolición da maior parte da estrutura para a recuperación do espazo natural.
O alcalde da Pobra asume Deportes en relevo de Eloy Sobrido que mantén Facenda...
Cambios no organigrama do concello da Pobra. O alcalde asumirá as competencias en materia de Deportes por razóns operativas. Eloy Sobrido, que ata o de agora asumía esta área, quedará á fronte das delegacións de Facenda e Mocidade.


















