Portosín acollerá o 16 e 17 de novembro a regata clasificatoria da clase ILCA
Un ano máis o Real Club Náutico de Portosín organiza a regata clasificatoria da clase ILCA, enmarcada no Memorial Alejandra Fernández. A cita terá lugar a fin de semana do 16 e 17 deste mes de novembro e nela participarán un cento de regatistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia, ó ser puntuable para o ranking galego.
O concello de Porto do Son homenaxea a Noa Romero, bronce mundial en taekwondo
A corporación municipal de Porto do Son brindaba este mediodía unha recepción á taekwondista Noa Romero. Buscan así recoñecer o esforzo da deportista que vén de acadar a medalla de bronce no Mundial de Taekwondo Junior.
GaliciAME celebra este domingo en Porto do Son unha andaina solidaria
PORTO DO SON> Despois do éxito da celebrada en Cambados, a Fundación GaliciAME dá o salto ó Barbanza, e desenvolverá este vindeiro domingo 29 de setembro, en Porto do Son, unha nova andaina solidaria...
Controlado o incendio forestal que arrasou 15 hectáreas e calcinou tres coches en Caamaño
Controlado o incendio na parroquia sonense de Caamaño que a pasada madrugada arrasou 15 hectáreas de monte. O lume calcinou varios vehículos estacionados nas proximidades taller e achegouse moi preto das vivendas aínda que finalmente non foi preciso desaloxar ós veciños.
Preto de 200 deportistas participan este domingo no Campionato Galego de Remo de Mar...
Preto de 200 deportistas daranse cita no Campionato Galego de Remo do Mar que se celebra este domingo na praia da Ornanda en Porto do Son a partir das dez da mañá. Está organizado polo Club do Mar de Noia en colaboración cos concellos de Noia e Porto do Son.
Emotiva homenaxe ós mariñeiros nas Festas do Carme de Porto do Son
Porto do Son atópase inmersa nas Festas do Carme que esta fin de semana celebraban a súa fin de semana grande. Hoxe, festivo local, os actos centráronse na capela do Loreto onde tivo lugar a tradicional romaría.
A recuperación dos antigos atraques inicia a recuperación do bordo litoral de Boa
O director da Axencia de Turismo de Galicia desprazouse ata Porto do Son para coñecer o proxecto de recuperación de atraques no litoral de Boa. A actuación, que conta cunha subvención para o embelecemento do litoral, enmárcase nun ambicioso proxecto para a recuperación desta zona costeira coa dotación dunha pasarela voadiza e a creación dunhas pozas naturais.
O Carme encherá Porto do Son de festa e relixión durante cinco días
Porto do Son vivirá cinco intensos días de celebración coas festas do Carme. Desenvolveranse entre o 7 e o 11 de setembro cunha mestura da programación relixiosa e cultural con actividades para tódolos públicos.
O xerente do Consorcio supervisa as melloras executadas na Galiña Azul de Porto do...
O xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar visitou esta mañá as instalación da escola infantil de Porto do Son, onde se están a acometer unha serie de melloras de cara ó inminente inicio do curso. Alí anunciou tamén a inversión prevista no centro de día da localidade para dotalo dun peche exterior.
Xa hai emprazamento para o futuro centro de saúde de Porto do Son
PORTO DO SON> Xa hai acordo. Das dúas opcións posibles para emprazar o futuro centro de saúde, o edificio de Outeiro e a parcela existente a carón do Concello e a casa de cultura,...