Remata a ‘rehabilitación integral’ do colexio Xulio Camba de Vilanova

VILANOVA>  Rematan as obras de rehabilitación do colexio Xulio Camba de Vilanova. Os traballos centráronse na mellora da eficiencia enerxética do centro. A Xunta investiu no proxecto case 800.000 euros. Esta mañá, o Conselleiro...
Os comerciantes de Vilanova manteranse unidos tralo éxito da campaña de Nadal

Os comerciantes de Vilanova manteranse unidos tralo éxito da campaña de Nadal

VILANOVA> Vilanova valora positivamente o resultado da campaña de nadal. O peche perimetral favoreceu a que as compras aumentasen no comercio local. Coa promoción creada polo concello e a asociación de comerciantes Vilanova Centro...
As mascotas serán as protagonistas no Cannaval de Vilanova

As mascotas serán as protagonistas no Cannaval de Vilanova

VILANOVA> As mascotas serán as protagonistas do entroido no Cannaval de Vilanova de Arousa. A cuarta edición desta peculiar festa terá lugar o sábado 29 as 17 horas no pavillón multiusos. Concursos e agasallos...

A Ruta Quetzal arrancará de novo en Vilanova, incluíndo actos de homenaxe a Valle-Inclán

VILANOVA> Vilanova será de novo punto de inicio dunha nova edición da Ruta Quetzal. Trátase dunha expedición de trece días por España e Portugal que ten como meta Santiago. Nela van participar uns 200...

A Garda Civil trasladará o seu posto de Vilagarcía a Vilanova

Cambios importantes na Garda Civil na comarca do Salnés. A oficina de atención cidadá de Vilanova elévase a posto. Ao tempo, suprímese o que o instituto armado tiña en Vilagarcía. Estes cambios recóllense nunha resolución publicada no Boletín Oficial da Garda Civil, que hoxe deu a coñecer o alcalde de Vilanova.

En marcha o reasfaltado da estrada das Sinas, con críticas ao anterior goberno provincial...

En Vilanova están en marcha os traballos de reasfaltado da estrada provincial das Sinas. Unha obra que se converteu no seu día nun dos cabalos de batalla entre o goberno local e a Deputación de Pontevedra que presidía Carmela Silva. A actuación afecta a un treito de pouco máis dun quilómetro desta estrada EP-9702, que une As Sinas con Vilanova. Unha intervención, urxente -din dende a Deputación e o Concello- que supón un investimento de 200.000 euros nun dos accesos á vila.

A Xunta pídelle á Mancomunidade un proxecto para a ETAP de Treviscoso

SALNÉS> A Xunta pídelle á Mancomunidade do Salnés que elabore un proxecto para a ampliación da ETAP de Treviscoso. O presidente comarcal mantivo unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente. Nesa xuntanza, Ánxeles Vázquez...

A senda de San Miguel de Deiro terá unha pasarela en Rego do Alcalde

Vilanova beneficiarase dunha axuda de Turismo de Galicia para a mellora do borde litoral na parroquia de San Miguel de Deiro. En concreto, son 80.000 euros que permitirán a instalación dunha pasarela nun treito da senda en Rego do Alcalde. A previsión é que estea rematada para o verán de 2025.

Vilanova esturadá reincorporarse ao sistema Vioxén de atención ás vítimas de violencia de xénero

A subdelegación do goberno en Pontevedra proponlle a Vilanova a súa reincorporación ao sistema VioXén, para que a Policía Local poida colaborar na protección das vítimas de violencia de xénero. Unha proposta que o concello considerará cando haxa suficiente dispoñibilidade de axentes municipais.

A II Regata Nacional de Kaiak de Mar atraerá ata Vilanova e O Grove...

Máis de medio milleiro de persoas pasarán esta fin de semana polos concellos do Grove e Vilanova no marco da segunda Regata Nacional de Kaiak de Mar, que une as dúas localidades. Celebrarase os días 25 e 26 de maio, e contará con representantes de ata catorce comunidades autónomas.

REDES SOCIAIS

25,955FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete