Nova operación antidroga no Salnés cun detido en Vilanova
O SALNÉS> Nova operación antidroga na comarca do Salnés. Desenvolveuse esta madrugada entre os concellos da Illa e Vilanova, onde foi detida unha persoa. Este novo dispositivo daría continuidade á unha investigación previa relacionada...
O xacemento de Cálago revela importantes achados da época romana e castrexa
VILANOVA> As escavacións que se están levando a cabo en Vilanova de Arousa, no xacemento arqueolóxico de Cálago, están a piques de rematar aínda que non sen antes reafirmarse como un importante achado das...
O Xuventude Sisán demanda ao concello de Ribadumia reclamando un reparto xusto das instalacións...
RIBADUMIA> Un equipo de fútbol de Ribadumia quéixase da que considera mala xestión das instalacións deportivas por parte do Concello. O Xuventude de Sisán asegura que está sendo discriminado fronte outros equipos do municipio....
Convocan o pleno ordinario da Mancomunidade o mesmo día no que o PSOE ía...
O novo presidente da Mancomunidade do Salnés convoca o seu primeiro pleno ordinario para o venres da semana que vén. Malia ter tomado posesión no mes de xaneiro, e as sesións ordinarias ter que celebrarse cada dous meses, ata o de agora aínda non se fixera ningunha. O anuncio desta convocatoria produciuse esta mañá, apenas unha hora despois de que o PSOE anunciase que ían presentar por rexistro unha solicitude de convocatoria. Os socialistas denuncian que o PP ten 'secuestrado' o organismo comarcal. Advirten, ademais, de que está ao borde da fractura.