O PP propón un certame cultural para a provincia de Pontevedra

PONTEVEDRA> O PP propón crear un certame cultural a nivel provincial que promocione os talentos de Pontevedra e dinamizar as casas de cultura que a Deputación ten nos concellos como locais de ensaio para novos grupos musicais. Os populares veñen de presentar unha moción que pretender levar ao próximo pleno.

 

O grupo provincial do PP entregaba esta mañá no rexistro da Deputación unha moción para o próximo pleno no que instará ao goberno de Carmela Silva a crear un certame cultural por concellos que axudará a promocionar aos distintos grupos e artistas da provincia.

A proposta do PP vai máis aló e ademais de anunciar que realizarán reunións comarcais cos grupos, os populares tamén piden que se dinamicen as casas de cultura dos concellos como locais de ensaio.

A deputada Nidia Arévalo tamén denunciou a falta de axudas aos colectivos en temas de vestiario, instrumentos ou mantemento dos locais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/pp_depo_cultura.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/07/pp_depo_cultura.mp4{/flowplayer}