O Senado Mexicano convida ao concello para que presente o seu modelo de cidade

Pontevedra> O secretario da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado de México visitou hoxe o concello de Pontevedra. O fin deste encontro, co alcalde e a concelleira de Promoción da cidade, é o de concretar a axenda institucional da viaxe, que a comisión pontevedresa, realizará ao país azteca a finais de agosto. O secretario da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado de México, o alcalde de Pontevedra e a concelleira de Promoción da Cidade mantiveron esta mañá unha reunión co fin de concretar a axenda da comisión pontevedresa que visitará méxico a finais do mes de agosto. O senado cursou unha invitación oficial para que a cidade do Lérez lles presente o seu modelo urbano o 31 de agosto. Dende o Senado de México dixeron esta mañá que lles interesa especialmente tomar o modelo de cidade de Pontevedra, co fin de que en México se aposte por un modelo con máis vida de barrio e máis peonil. O Senado de México está interesado en coñecer o modelo de cidade de Pontevedra e a súa evolución dende o ano 99 co obxectivo de debater e definir o camiño a seguir no desenvolvemento urbano do país.