O PSOE quere converter a parcela da gasolineira do Burgo nunha estación de servizo para bicicletas

PONTEVEDRA>  A decisión de Costas sobre o futuro da gasolineira do Burgo foi moi ben recibida entre o goberno municipal. Por unha banda, Carme da Silva valorou positivamente esta mañá que a parcela poida volver a ser de uso público. Por outra banda, os socialistas non quixeron perder nin un minuto para presentar novas propostas para este espazo.

A recuperación dos espazos de dominio público do Concello de Pontevedra é un dos obxectivos principais do goberno local. Por iso, a decisión de Costas de rexeitar a prórroga de concesión á gasolineira do Burgo foi ben recibida esta mañá entre a corporación municipal.

Inmediatamente despois de coñecer a decisión de Costas, o Partido Socialista comunicou a súa intención de dotar dunha zona verde e dunha estación de servizo para bicicletas esta parcela.

Segundo informou o concelleiro socialista, a proposta de crear unha estación de servizos para bicicletas neste espazo, xurdiu tras as demandas recibidas por parte do colectivo Pedaladas.