300 comercios de Pontevedra únense á campaña da “Volta ó Cole”

PONTEVEDRA>  300 comercios de Pontevedra uniranse este ano á campaña da “Volta ó Cole”. Nesta iniciativa, que se desenvolverá durante a primeira quincena de setembro, sortearanse 7 vales por valor de 100 euros. Como novidade nesta edición, o Concello estende este proxecto aos barrios de Monte Porreiro, A Parda e O Burgo.

Xa está aquí a campaña da “Volta ó cole”. En total, case 300 comercios de toda a cidade participarán este ano nesta iniciativa. Un proxecto que pretende premiar a fidelidade dos clientes e incentivar as compras nos establecementos pontevedreses. Ademais, e como novidade, o goberno municipal quixo estender esta proposta tamén aos barrios.

Todas as persoas que merquen nos comercios adheridos a esta campaña, entrarán no sorteo de sete vales por valor de 100 euros para canxear por produtos. A iniciativa municipal desenvolverase do 1 ao 15 de setembro e nela participarán todo tipo de establecementos.

Os sorteos levaranse a cabo na Casa da Luz o vindeiro 24 de setembro. Para coñecer a lista de establecementos adheridos, na páxina web do Concello, a partires do luns estará exposto un listado. Ademais, en cada un dos comercios que participan nesta campaña estará tamén visible este cartel no escaparate.