Os guerreiros e as guerreiras chegan a Pontevedra coa Feira Franca

PONTEVEDRA>  A dous días de que comece a Feira Franca, os pontevedreses e pontevedresas están a traballar nos últimos preparativos. A maioría dos veciños teñen xa a súa vestimenta de época pero tamén son moitos os que esperan a última hora para decidirse. Esta mañá visitamos algunhas das tendas da cidade para saber cales son os traxes que máis brillarán esta fin de semana.

Hai tres cousas que non poden faltar na Feira Franca: a comida, o viño e a vestimenta. Esta última é a que máis quebradizos de cabeza levanta entre os veciños. Tal vez pola gran variedade de traxes que ofertan as tendas da cidade. Dende os máis tradicionais ata os máis creativos.

Os traxes de princesa e de mesoneira nunca fallan pero este ano as mulleres decidiron coller o escudo e a espada e converterse en guerreiras.

En canto os homes, parece que se deixaron levar pola previsión meteorolóxica e decidiron mercar traxes máis frescos.

E se unha cousa está clara este ano é que as series e películas influenciaron moito aos pontevedreses.

Os prezos, coma sempre, varían moito en función da categoría e poden ir dende os 20 ata os 80 euros.

E aínda que coa Feira Franca a cidade volve ao medievo, o que non desaparece nesta festa é internet. Unha plataforma que dificulta ás veces o traballo dos establecementos locais.

Coa vestimenta elixida soamente queda desfrutar dunha das celebracións máis esperadas de Pontevedra, a gran festa medieval.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí