Aprobada a cesión de terreos para o Parque da Fracha

PONTEVEDRA> A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá a aceptación da cesión de terreos das comunidades de montes de Tomeza, Marcón e A Canicouva para o Parque da Fracha. Un paso esencial de cara a iniciar o procedemento de contratación deste proxecto. Un importante reto para o goberno municipal xa que se trata do parque forestal máis grande do Concello.

O Concello de Pontevedra aprobou esta mañá en Xunta de Goberno a aceptación formal da cesión de terreos das comunidades de montes de Tomeza, Marcón e A Canicouva para o novo Parque Forestal da Fracha. Unha cesión de balde por 30 anos, prorrogables a outros 30.

No caso da comunidade de montes de Tomeza, a cesión de 78.900 metros cadrados está valorada en máis de 177.000 euros; en Marcón, os 128.900 m2 supoñen un investimento de 1.500.000 euros; e no caso de A Canicouva, son 180.600 m2 cunha valoración de case 271.000 euros. En total, isto supón un investimento de actuación de máis de 600.000 euros.

O proxecto deste Parque Forestal inclúe o acondicionamento das tres áreas de descanso con plantación de árbores, recuperación de bosques de ribeira, limpeza de especies invasoras, posta a punto de máis de 26 km de sendas e os tratamentos antierosión dos terreos. O prazo de execución é de 12 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí