O restaurante Peregrinus aporta “a súa miga de pan” para combater a desnutrición infantil

PONTEVEDRA> Combater a desnutrición infantil. Ese é o obxectivo do restaurante Peregrinus de Pontevedra. Para conseguilo, este establecemento está a participar estes días nunha campaña de Acción Contra a Fame. Unha iniciativa na que participan máis de 1.500 locais de toda España.

Todos os que se acheguen ata este restaurante e pidan un prato de polbo con lagostinos ou un de bacallau á portuguesa estarán axudando a combater a desnutrición infantil. Porque este establemento forma parte dunha campaña solidaria, Acción Contra a Fame.

En toda España participan nesta campaña máis de 1.500 establecementos. Sen embargo, este restaurante pontevedrés é o único da provincia que se animou a colaborar. E aínda que este é o seu primeiro ano, os responsables deste local non dubidan en que seguirán aportando o seu gran de area, ou mellor dito, a súa miga de pan, a esta iniciativa solidaria.

Esta campaña está sendo moi gratificante para os traballadores e responsables deste restaurante. Sen embargo, o xefe de sala deste establecemento agarda que se animen máis clientes e máis locais da provincia a colaborar.

Todos os que se acheguen ata o restaurante Peregrinus e pidan un prato coma este estarán axudando a combater a desnutrición infantil. Un problema polo que cada ano perden a vida máis de 3 millóns de nenos. A campaña de Acción contra a fame remata o 15 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí