O Concello inicia unha nova campaña de control de velocidade nas rúas de plataforma única

PONTEVEDRA> A Policía Local de Pontevedra porá en marcha unha campaña de control de velocidade nas rúas de plataforma única. Esta medida levarase a cabo entre os días 29 de novembro e o 5 de decembro co obxectivo de que todos os vehículos cumpran coa medida de “velocidade 10”.

Esta medida entrou en vigor a finais de outubro. Dende entón, a Policía Local non tramitou ningunha sanción por exceso de velocidade no centro de Pontevedra. Algo que demostra o alto grao de cumprimento desta limitación entre os veciños da Boa Vila.

A pesares dos datos positivos, o Concello asegura que hai excepcións. En concreto, o goberno municipal pon o foco nas empresas que utilizan sistemas de reparto en ciclomotor. Repartidores que xeran unha certa sensación de inseguridade entre a veciñanza.

Co obxectivo de sensibilizar e concienciar a toda á cidadanía, o Concello pon en marcha unha nova campaña específica de control de velocidade nas rúas de plataforma única. Esta levarase a cabo do 29 de novembro ao 5 de decembro e nela utilizaranse radares móbiles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí