Fairway 2016

Emisión en directo da presentación da Deputación de Pontevedra da “Fame de experiencias” na Feira Internacional do Camiño Fair Way de Santiago este luns, ás 12.30 horas .

Unha mostra das múltiples experiencias que se poden vivir percorrendo os Camiños cara Compostela que transcorren pola provincia, concretamente a gastronomía, o enoturismo, a cultura e a arqueoloxía, o termalismo e a camelia.

Unha presentación, en palabras de Carmela Silva, “innovadora, que vai dar a coñecer unha imaxe diferente e moderna da provincia de Pontevedra”.