Noia acollerá o xoves a final autonómica da Copa Federación

NOIA> O Club Deportivo Boiro e o Coruxo disputarán este próximo xoves a final autonómica da Copa Federación en Noia. Representantes dos dous clubs, conxuntamente con membros da propia Federación Galega de Fútbol acordaron que fora o estadio noiés de San Lázaro o que acollerá esta final. O inicio do partido está previsto para as oito e cuarto da tarde, establecéndose en cinco euros o prezo da entrada. O gañador do partido levarase un premio económico duns tres mil euros, dándoselle ademais a posibilidade de pasar ás eliminatorias cos vencedores doutras comunidades autónomas.