A proposta de FFC non convence ó executivo rianxeiro

    RIANXO> O executivo rianxeiro estuda a súa incorporación á Mancomunidade Serra do Barbanza, ó supor un encarecemento do servizo que actualmente lle presta SOGAMA. O abandono de SOGAMA e a incorporación de Rianxo á Mancomunidade Serra do Barbanza está aínda no aire. A pesar de que en reiteradas ocasións o executivo rianxeiro mostrou a súa idoneidade co modelo de tratamento de residuos.. ..a decisión aínda non está tomada. A última proposta que lle trasladou a empresa FCC, que xestiona a planta de compostaxe de Servia, non convence ó goberno rianxeiro, xa que encarecería o servizo nuns 80 mil euros, unhas cantidades polas que non estaría disposto a pasar, pois dende un primeiro momento indicou que non pagaría máis polo tratamento do lixo. Haberá que agardar a unha nova proposta, xa que ó parecer o problema radica que con SOGAMA o concello rianxeiro cobra polo lixo que se tira ó contedor amarelo e que posteriormente unha empresa recicla, mentres que FCC non quere pagarlles por iso, de aí a diferenza no prezo. Mentres tanto o grupo municipal do Partido Popular, a través da súa voceira. Vanessa Martínez, lembrou que xa advertiran hai tempo ó goberno local do custe que suporía para as arcas municipais abandonar Sogama e trasladar o lixo á planta de Lousame. Así dende o PP rianxeiro acúsase ó alcalde de querer confundir ós veciños.