Rianxo acollerá o próximo 1 de maio a II Pasarela Castelo da Lúa

    RIANXO> No desfile, promovido pola Asociación Rianxeira de Empresarios e o propio concello, participarán uns vinte establecementos comerciais da localidade, entre comercios, perruquerías e outros negocios. O éxito da primeira edición celebrada o pasado ano foi unha das principais razóns que levou á Asociación Rianxeira de Empresarios e o propio concello a volver a organizar este desfile. O formato será semellante ó anterior, coa implicación de ó redor duns vinte establecementos, no que se inclúen comercios, perruquerías, florarías e outros negocios. Como acontecera xa no anterior desfile, actuarán como modelos os propios veciños da vila, algo . Dende a patronal rianxeira destacaron a importancia desta iniciativa, ideada para promocionar ó comercio da vila. Durante a presentación, o alcalde, Adolfo Muíñoz, tamén tivo un vesto de lembranza cara o tenente de alcalde e edil de Comercio, Carlos Gey, recentemente falecido, un dos verdadeiros promotores e impulsores desta iniciativa. A gala terá lugar no pavillón municipal a partir das dez e media da noite e estará conducida por Belén Xestal.