Serra do Barbanza destinará cento vinte mil euros á renovación de colectores

    BARBANZA> A Mancomunidade Serra do Barbanza investirá preto de cento vinte mil euros na renovación dos colectores en tódolos concello ós que presta servizo. En total, adquiriranse seiscentos oitenta e seis colectores para a recollida de residuos sólidos urbanos cos que se poderá substituír ós que presentan deficiencias. A compra dos contedores, que sairá a licitación esta semana, será posibles grazas a unha axuda da Vicepresidencia da Xunta que sufraga o setenta e cinco por cento da actuación.O ente autonómico achega noventa mil euros, a través do Fondo de Compensación Ambiental.