Non sexas un “convidado de pedra” e actúa contra a violencia de xénero

    OUTES> Co lema “Actúa” a Deputación da Coruña quere romper o silencio que existe arredor das vítimas de violencia de xénero. Hoxe emitirase no teatro Colón ademais de en televisión e páxinas web a curta “Convidados de Pedra” realizada polos alumnos do Instituto Poeta Añón que acadou o primeiro premio no Concurso de Guións contra a violencia de xénero convocado pola Deputación.

     

    Durante o pasado curso os alumnos do Instituto Poeta Añón de Outes participaron no I Concurso de Guións contra a violencia de xénero que convocaba a Deputación da Coruña. 

    Cunha idea diferente na que daban a oportunidade aos espectadores de que “actuaran” contra a violencia de xénero acadaron o premio do concurso e durante o verán gravaron a curta que leva por nome “Convidados de Pedra”.

    Despois da gran acollida que tivo na súa estrea o pasado día 20, hoxe a curtametraxe foi emitida na pantalla exterior do Testro Colón e forma parte da programación da Deputación de A Coruña para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, quen distribuirá o libro “Machismos: de micro nada” do Colexio de Educadores Sociais de Galicia entre as bibliotecas municipais, que está preparando unha segunda edición do concurso de guión e que tamén ten xa convocado o Premio Concepción Arenal dirixido a proxectos educativos pola igualdade de xénero. A Deputada, Ánxela Franco, lembraba a importancia de traballar dende a educación dos máis novos.

    A violencia de xénero non atende a clases sociais, factores territoriais, idade, estudos ou profesión, é unha lacra social que hai que erradicar e na que non se permiten “convidados de pedra”.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/convidados_de_pedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/25/convidados_de_pedra.mp4{/flowplayer}