A Unión Europea debate o reparto das cotas pesqueiras

    GALICIA> O Consello Europeo de Pesca debate esta semana o reparto de cotas pesqueiras entre os estados membros. No encontro participa o director xeral de Pesca, Juan Maneiro, en representación de Galicia. A Consellería do Mar ten solicitado o incremento das posibilidades de pesca para a flota galega, avalado por un informe técnico. Pretenden, con este documento, que se manteñan os totais admisibles de capturas para o lirio, especie fundamental para a nosa flota. A previsión inicial de Bruxelas era rebaixar as posibilidades de pesca nun corenta por cento.