A Mostra de Curtas de Noia suma unha marca de calidade

    NOIA> Nesta ocasión o Certificado de Calidade que outorga anualmente a Asociación da Industria da Curtametraxe. O Certificado de Calidade que outorga anualmente a Asociación da Industria da Curtametraxe, AIC, é un distintivo de carácter anual para diferenciar e premiar ós festivais que realizan unha función exemplar para a difusión, protección e profesionalización do cinema e a súa industria, e en especial da curtametraxe. Dende o concello noiés valorouse moi positivamente este logro, xa que este ano tan só foron trinta e dous festivais en toda España a conseguiron. A Mostra de Curtas de Noia súmase a outros festivais nacionais de renome como é o caso do Festival de Málaga, o Festival Internacional de Cine de Gijón, o Festival de Cine Independiente de Barcelona ou a Semana de Cine Fantástico e do Terror de San Sebastián, entre outros.