Dúas novas familias buscan a axuda de Stop Desafiuzamentos Barbanza

    BARBANZA> A plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza traballa na busca de axuda para dúas familias que poderían quedarse sen a súa vivenda habitual a consecuencia dun préstamo hipotecario que non poden pagar. No primeiro dos casos trátase dunha familia monoparental de Ribeira na que o cabeza de familia tan só percibe coma únicos ingresos a pensión de viuvez. O segundo caso correspóndese cunha familia de Boiro cuxa vivenda habitual xa se atopa subhastada. Neste caso trátase dunha persoa en paro e sen prestacións, polo que dende a Plataforma estase estudando a posibilidade de que non teña que abandonar a vivenda, ben a través dun alugueiro social ou ben acolléndose á Lei de Segunda Oportunidade.