Trescentos corredores participarán na X Carreira do Corgo

    RIBEIRA> O doce de xuño chegará a Ribeira a décima edición da Carreira do Corgo. A proba,con saída e chegada dende á aldea de Teira, en Corrubedo, consta dun percorrido de catorce quilómetros. Nesta décima edición, a carreira do Corgo consolídase como unha cita de referencias na modalidade de trail das probas populares. Celebrarase o domingo día doce na parroquia ribeirense de Corrubedo, baixo a organización da asociación Arousa NEO e a asociación de veciños de Carreira. O percorrido, de algo máis de catorce quilómetros, conta cun desnivel positivo de cincocentos metros e combina firme de asfalto, area, rochas e, sobre todo, terra e barro. A suba ó monte Tahume será un dos retos máis destacados do itinerario. Haberá premios para o mellor equipo, modalidade que se estrea, a mellor parella e o mellor corredor local en categoría masculina e feminina. Os trofeos están elaborados por usuarios da asociación AMBAR.As inscricións poderán realizarse ata o día oito na web arousa.com ou galitiming.com.