A alcaldesa de Lousame cualifica de “irrespectuoso co territorio” o proxecto do marcovertedoiro

    LOUSAME> O goberno de Lousame considera irrespetuoso co territorio e co medioambiente a planta de xestión de residuos que se prevé construír na localidade. Tras analizar  as 2.600 páxinas do proxecto, a alcaldesa deu a coñecer hoxe as alegacións técnicas que presentará o concello ao macrovertedoiro.

     

    Era o seu obxectivo e así o transmitiu xa Teresa Villaverde no polémico pleno da semana pasada. Analizar e estudar pormenorizadamente, cos técnicos do concello, o proxecto, e logo ofrecer unha resposta fundada no informe que presentou esta mañá en rolda de prensa.  Logo de reunirse onte coa comisión do pleno municipal que leva o tema, e posteriormente cos veciños da plataforma vecinal contra o marcovertedoiro, hoxe fixo públicas as graves carencias e defectos que os técnicos municipais atopan neste proxecto da empresa Xestora de Residuos do Noroeste, e que aínda se atopa  en periodo de exposición pública. Ademais, segundo o informe técnico, o proxecto non inclúe un estudo pormenorizado da flora e da fauna da zona onde se prevé ubicalo. Para o concello, todo estes, son erros moi graves. Malia estas alegacións que o goberno de Lousame vai presentar á consellería de Medioambiente, e a amosarse públicamente contrario ao proxecto, o informe técnico municipal non é vinculante e o proceso sigue adiante. Aínda así Villaverde asegurou que é esencial á hora de obter a licencia de construción. A alcaldesa quixo suliñar tamén, que Lousame non se nega a que as empresas elixan este municipio para instalarse, sempre que estas sexan respectuosas co territorio no que se van instalar, algo que segundo dín, non acontece neste caso.