Noia volve tinguirse de negro este sábado

    NOIA> 40 tendas, abertas ata ás dez da noite, con descontos do 20 por cento, e doces para degustar mentres eliximos a nosa compra. É a proposta que este ano nos ofrece o “´Sábado Negro” da Asociación de Empresarios Noia Histórica.

     

     

    O sábado negro de Noia foi o pioneiro na comarca do Barbanza neste tipo de eventos. Unha festa do comercio que nesta sexta edición ten como principal novidade o sorteo que terá lugar entre os clientes que este sábado merquen en calquera dos establecementos de Noia Histórica. Téxtil calzado, xoiería, complementos, tendas de xoguetes ou de decoración…todo tipo de establecementos podemos atopar entre os 40 locais que formarán parte deste Sábado Negro en Noia. Moita variedade, pero todos con algo en común, descontos de polo menos o 20 por cento. E para quen teña dificultades cos horarios habituais das tendas, o sábado nesta festa noiesa do comercio as portas estarán abertas ata as dez da noite.