Unidade en Ribeira para defender o dereito a unha vivenda digna

     RIBEIRA> A plataforma “Stop Desafiuzamentos Barbanza” concentrouse esta mañá xuntos con outros colectivos sociais e formacións políticas da comarca fronte ós Xulgados de Ribeira. O motivo, denunciar a situación dunha familia ribeirense que podería quedar sen a súa vivenda trala reclamación iniciada por un prestamista profesional. 

     

    Por un lado solidarizarse con esta familia ribeirense, pero tamén, denunciar este tipo de prácticas irregulares e abusivas que levan a cabo os prestamistas co único obxectivo de apropiarse dos bens das familias. Así explicaron esta mañá os motivos da concentración desde a Plataforma de Stop Desafiuzamentos Barbanza, fronte ós xulgados de Ribeira, xusto antes da vista sobre este caso concreto. Como é o caso desta familia ribeirense, hai moitas casos de cidadáns ós que lle son concedidos préstamos cun prazo de vencemento na maioría dos casos,e que obrigan a realizar ás familias un pago único do importe e os intereses. Pero unha persoa que precisa cartos, o máis probable é que non sexa capaz de devolvelo nun prazo tan curto de tempo, e sorportando uns intereses por enriba dos do mercado, no caso desta familia que prefire manter o anonimato, dun 24 por cento. Así, a familia ademáis de perder a vivienda seguiría debendo ó prestamista particukar unha importante cantidade de cartos. Non era a primeira vez que este prestamista particular queda con vivendas do concello. Unha situación que desde a plataforma e outros colectivos esixen unha normativa que impida este tipo de prácticas. Algo que comparten desde a mareas municipalistas da comarca, presentes tamén na concentración. Mesmo desexo expresaron na concentración o BNG de Ribeira e desde a Asociación pola Memoria Histórica. Desde a Plataforma e os distintos sectores involucrados na causa, agardan sensibilizar ós propios lexisladores, notarios e xuices, para penalizar e non permitir este tipo de prácticas que bordean a usura e a estafa.