Repulsa contra o feminicidio na Pobra

    POBRA> A Pobra únese á repulsa contra a violencia machista tralo novo feminicidio acontecido en Redondela, onde un home acabou presuntamente coa vida da súa ex parella. Este mediodía, convocados polo BNG da vila, os pobrenses concentráronse ante a casa do Concello unidos baixo o lema “Querémonos vivas”. O machismo mata. Paremos o feminicio, Querémonos vivas. Lemas que acompañaron hoxe a concentración convocada polo BNG pobrense ás portas do concello en repulso polo novo asesinato machista acontecido en Redondela. Lemas, cos que buscan evidenciar a eiva que significa a violencia de xénero. Con esta concentración quixeron mostrar o apoio á familia e amizades da vítima de Redondela, que de confirmarse o feminicidio, será o segundo asesinato machista en Galiica no que vai de ano. Ademáis, de concienciar da necesidade de cambio radical na sociedade. Desde o BNG da Pobra entenden tamén, que ademáis da contestación social, e de poñer fin ós micromachismos cos que nos topamos cada día, instan ás institucións a poñer en marcha tódalas medidas necesarias para rematar con esta lacra. “Non me preocupa o grito dos violentos, dos corruptos, dos deshonestos, dos que non teñen ética…o que máis me preocupa é o silencio dos bos”. Con estas verbas de Martin Luther King rematou o acto o voceiro nacionalista, animando así a todos e cada un de nós, a non mirar para outro lado ante o terror machista.