O CD Boiro toma folgos ante o Coruxo

    BOIRO> Os de Fredi Álvarez gañaron 3-0 ós vigueses, afastándose así da zona de descenso. O Club Deportivo Boiro alónxase dos postos de descenso grazas á súa vitoria de onte en Barraña ante o Coruxo, tres a cero. Os locais xogábanse máis neste partido e dende o pitido inicial saíron máis mentalizados na busca do trunfo. Nos primeiros minutos o Boiro dispuxo de boas ocasión nas botas de Romay e Pedro Beda, aínda que finalmente non chegaron a materializarse. Corría o minuto 23 de partido e chegaba o primeiro tanto local, obra de Juampa. Un tiro seu dende a frontal despois dun rexeite anterior acababa no fondo das mallas. Era o un a cero e a afección vibraba nas gradas. O segundo tanto non tardaría en chegar. Unha contra ben levada por Romay con pase atrás dende a liña de fondo acabou nas botas de Pedro Beda, que xa co porteiro batido, enviou o balón ó fondo da portería. Suponía o dous a cero no marcador e con el o alborozo da afección que vía máis preto a vitoria. Co dous a cero o Coruxo non se rendiu e seguiu intentándoo. Pero os seus remates acababan unha e outra vez nas mans de Pato Guillén, que volveu a demostrar o seu alto nivel. Na segunda parte o Coruxo tratou de meter máis mordiente arriba, cambiando ós seus xogadores máis adiantados. Pero tampouco surtiu efecto. A defensa boirense mostrou moi sólida e apenas tivo sensación de perigo. Ademais os de Fredi souberon aproveitar moi ben as contras. Unha recuperación en medio campo posibilitou o terceiro tanto local. Cano recollía un balón medido de Juampa e batía ó porteiro visitante. O pitido final trouxo consigo a festa a Barraña. Os tres puntos posibilitan afastarse dos postos de descenso. Suben dous postos. Agora son décimo cuartos con 31 puntos. Polo que respecta ó resto de resultados dos equipos galegos nesta categoría destacar a vitoria, con remontada incluída do Pontevedra en pasarón ante o Burgos, ó que acabaou vencendo por dous goles a un. A vitoria tamén do Celta B ante o Lealtad, tamén por dous goles a un. O empate do Racing de Ferrol coa Izarra, un a un. E a nova derrota do Somozas, esta vez ante a Arandina por tres goles a cero. Esta fin de semana producíase tamén a inauguración oficial das novas gradas e os vestiarios de Barraña. Un acto que estivo presidido polo propio alcalde, Xoán Xosé Dieste. A actuación que se veu desenvolvendo nos últimos meses supuxo un investimento duns 170 mil euros que foron financiados na súa totalidade polo propio Concello.