Cita co boxeo este próximo sábado en Ribeira

    RIBEIRA> Organizada pola Escola de Boxeo El Canario disputarase unha nova edición da Velada de Boxeo ‘Cidade de Ribeira’. O polideportivo da Fieiteira será escenario este sábado dunha nova edición da velada de boxeo ‘Cidade de Riveira’. A cita, organizada pola Escola de Boxeo El Canario en colaboración co propio Concello, incluirá varios combates de distintas categorías, varios deles valedeiros para o Campionato Galego como é o Campionato Feminino de Elite. Dende o Concello destacaron a importancia deste evento, ó tempo que recoñeceron o labor que realiza a Escola de Boxeo El Canario, principal organizador do evento. Dende a organización da velada fan un chamamento ós veciños a acudir este sábado á Fieiteira. Os combates iniciaranse a partir das dez da noite e o prezo das entradas será de dez euros para a grada e 12 en cadeira, podéndose adquirir xa de forma anticipada en varios establecementos de Ribeira a un prezo inferior, oito en grada e dez en cadeira.

    Comments are closed.