Serra do Barbanza penalizará a FCC polos incrupimentos na recollida do lixo

    MUROS> Os concellos da Mancomunidade da Serra do Barbanza contan cunha nova pá cargadora para a recollida de lixo. A adquisición deste vehículo, xunto ó alugueiro de tres camións, contribuirá a normalizar o servizos. Mentres tanto, a entidade acordou impoñer unha nova penalidade á empresa adxudicataria por unha serie de incumprimentos. A compra desta pá, por valor de 115 mil euros, enmárcase nos distintos investimentos que está a realizar a mancomunidade dende o ano 2010 para a renovación da flota e dos medios a disposición da empresa. Na xunta xeral da mancomunidade celebrada a pasada tarde acordouse impoñer unha nova penalidade a FCC polas deficiencias detectadas no servizo en marzo. Estarían en estudo outras dúas, unha correspondente ós incumprimentos do mes de abril e outra a que motivou a acumulación de lixo estes últimos días. Por outra banda, a presidenta da mancomunidade dou conta das dúas sentenzas favorables que vén de recibir a entidade. Unha obriga ó pago de dous mill´çons de euros pola revisión de prezos, fronte ós catro que reclamaba a empresa. A outra rebaixa en cen mil euros os intereses reclamados por FCC polos retrasos nos pagos.