A Policía Local non dispón de informe algún sobre o incidente da placa de Rei Ballesteros

    POBRA> Esta foi a resposta emitida por este corpo a raíz da solicitude do BNG dun informe oficial ó respecto. En resposta ó escrito presentado hai uns días no Concello, no que o BNG solicitaba o informe oficial por parte dos axentes de garda ese día, dende a Policía Local indícase que non se recolleu ningún incidente relacionado coa retirada da placa. Para os nacionalistas este feito non deixa de ser chamativo, acusándoo a este corpo de actuar con escurantismo en favor dos intereses do equipo de goberno. Por esta razón o BNG volve a pedir explicacións por parte da Policía Local e tamén o alcalde sobre todo o acontecido, ó existir indicios evidentes de que así foi.