Cidadáns Boiro reclama que se cubran as prazas de secretario e interventor

BOIRO> A agrupación municipal de Cidadáns en Boiro denuncia a falla de interventor e secretario no concello. Hai máis dun ano que non se cobren estas prazas cos consecuentes prexuízos para o funcionamento da administración local. Non é a primeira vez que a agrupación municipal de Cidadáns se fai eco da falta de persoal no concello. Refírense concretamente á ausencia de secretario e interventor, dúas prazas sen cubrir dende hai máis dun ano. Segundo o voceiro da formación, Javier Chouza, trátase de dous dos postos máis importantes da administración local xa que, di, son os encargados de velar pola transparencia a través do control legal e xurídico e da actividade económica do concello. A ausencia destes dous funcionarios implica que non se podan celebrar os plenos con periodicidade mensual, algo que levan reclamando dende hai tempo non só dende Cidadáns senón por parte dos demais grupos da oposición. Consideran a este respecto que o executivo non ten interese en cubrir estas vacantes que, ó entender de Cidadáns, contribuiría a mellorar notablemente o funcionamento da administración local dotándoo de maior transparencia.